Obradoiro de Arte Precolombina

O alumnado de 3º da ESO, coa finalidade de coñecer máis de preto as obras artísticas realizadas no continente americano antes da chegada dos europeos, participou dende a materia de Xeografía e Historia nun obradoiro de arte precolombina.  

A investigación centrouse, en concreto, na zona de Mesoamérica, berce das culturas maia e azteca, e na dos Andes Centrais, é dicir, Perú e algunhas zonas de Bolivia.  

STICKS DE RECICLAXE

En educación física o alumnado de 3º de primaria estrenou os seus sticks de floorball de creación propia! Deste xeito traballamos aspectos como a reciclaxe ou a educación para o consumidor mentres desfrutan deste deporte alternativo. Encantoulles!!

INICIÁMONOS NAS FINANZAS!

Ao longo da semana pasada os alumnos de 2º de Primaria estivemos iniciámonos no mundo do diñeiro. Repartimos una serie de billetes e moedas de euro para cada alumno cos billetes. Con eles quixemos que os recoñecesen e aprendesen as equivalencias entre eles, así como a combinación  entre euros-céntimos e monedas-billetes. Unha das actividades que lles gusta é anotar diferentes cantidades e compoñer cos seus “cartos” as cantidades sinalada. Seguiremos traballando para poder ir de compras e practicalos os pagos e cambios.

DEBATE A CATRO

        Os maiores do colexio adicamos estes días a traballar nun proxecto de aula que chamamos “Debate a catro”. Unha actividade que nos enriquece como persoas, promove o pensamento crítico, axúdanos a defender as nosas ideas e a analizar tamén as alleas. Desde o respecto, desenvolvemos habilidades de comunicación para expresar as opinións e tamén a escoitalas.


       O cambio climático, a pena de morte, ou o negacionismo… son algúns dos temas que tratamos. A práctica do debate non só fortalece as nosas habilidades sociais e lingüísticas, senón tamén implica asumir responsabilidades e asimilar modelos de comportamento democrático.