Welcome Jonny!

Un ano máis no mes de outubro comezou o acompañamento do auxiliar de conversa aos profesores de Lingua estranxeira e da materia de Science.

Jonny Clark, procedente de escocia, impartirá tamen na hora extraescolar as clases de conversa dende 6º de E.P. ata 4º da ESO

Este ano como novidade incorporaranse a esta actividade os alumnos de 6º de E.I.

OUTUBRO ROSA

O día 19 de outubro achegamos á nosa memoria a todas aquelas mulleres cheas de coraxe, valentía e esperanza que nun determinado momento da súa vida tiveron que loitar por vencer á enfermidade, mulleres valentes co único obxectivo de saír mais fortes e victoriosas desta loita.

DOMUND 2020

O  Domund do 2020 arranca co lema: «Aquí estou, envíame» e chámanos a colaborar. Este ano cobra especial sentido na crise  sanitaria da Covid-19. Non é só colaborar coa Misión, senon  participar nela. Lembra: con pequeños feitos, conseguiremos grandes logros. 

DOMUND 2020

FESTIVIDADE DE SAN VICENTE DE PAÚL

Nestes tempos que vivimos de pandemia e incertidume, preséntasenos obstáculos no camiño, pero que estes nos sirvan como oportunidades para reinventarnos dende a prudencia e a responsabilidade. Que nos axuden a coller impulso para ser testemuñas do Ser Vicenciano que nos identifica. 

Feliz día de San Vicente dende a Comunidade Educativa!! 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS ESO

FONDO LIBROS ESO

Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto de ESO: Cada familia recibirá un correo electrónico na plataforma EDUCAMOS, coa información dos  libros asignados. Estes libros serán entregados aos alumnos cando se inicie a xornada lectiva.

Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expe­diente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS ESO

Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros de texto da ESO. Todas as solicitudes resultaron admitidas e o reparto de libros dependerá da renda per cápita familiar e das existencias do centro.

Antes do 14  de setembro publicarase a listaxe definitiva na que se indicarán os libros que lle corresponden a cada alumno.

Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expe­diente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.