Felicitar ao noso alumnado pola súa excelente actitude amosada durante as probas diagnósticas. Detalles coma este fan que nos sintamos moi orgullosos do seu esforzo.
Noticias
DÍA DA ENCARNACIÓN
Ligazón ao blog de Pastoral: https://pastoralmilagrosaoleiros.blogspot.com
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
O 2 de abril é unha data moi significativa no noso calendario. Conmemorase o día mundial do Autismo e no noso cole aproveitamos para aprender un pouquiño máis sobre as características dos autistas, para compartir experiencias e para concienciarnos, unha vez máis, que a linguaxe do amor é a máis importante.
ACROSPORT
Dende a área de Educación Física, así rematamos o Segundo Trimestre…. Vamos a polo Terceiro.Ánimo!
“Reciclaxe Show”
Na clase de Primeiro de Primaria realizamos unha buxaina e diferentes xogos con material reciclado. Que éxito!
“Xoguemos á Oca da Paz”.
Na clase de Segundo de Primaria realizamos o conocido Xogo da Oca para repasar diferentes contidos traballados.
Pasámolo xenial!
“O Acrosport”.
Na clase de Quinto de Primaria elaboramos e divertímonos realizando diferentes figuras e pirámides.
APRENDEMOS VIAXANDO!
O golfiño Manoliño
O pasado mércores día 20 de marzo, os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria asistimos a un espectáculo no Auditorio Municipal de Ribeira que levaba o título de: «Confi, o golfiño Manoliño».
Aprendemos que o mar está a verse amenazado por diversas actividades humanas, e que a súa protección require unha actuación rápida para a conservación da vida mariña e os animais acuáticos da zona e para preservar o delicado ecosistema do noso planeta. Pasámolo xenial!