Hoxe, os alumnos de 3º e 4º da ESO puideron asistir á proxección on line da conferencia sobre ACOSO ESCOLAR que tiña como ponente á profesora Carmen Cabestany, que tamén é presidenta da asociación «NO AL ACOSO ESCOLAR». Dende o centro agradecemos a invitación por parte da área educativa de AFUNDACIÓN TV para que alumnado e profesorado poidan recibir información sobre un tema que nos afecta a todos.
