Ao longo deste curso, varias clases ímonos ir introducindo nas dinámicas e estruturas da Aprendizaxe Cooperativa. En colaboración coa Universidade de Vic, desenrolaremos unha serie de actividades para aprender a traballar en equipo dunha forma máis dinámica e inclusiva.
Aínda que xa levamos varias traballadas, os alumnos de 4º de Primaria, quixemos dar boa nota dunha das que máis nos gustou. Chámase “A Maleta”.
Cada un de nós trouxemos unha maleta cos tres obxectos que mellor nos representan. Algúns trouxeron bonecos, libros, balóns,… e outros sorprendéronnos con obxectos tan abraiantes coma un dron ou uns bongós. Foi unha experiencia única, que nos permitiu coñecernos en profundidade, interrelacionarnos e perder a vergoña a falar en público.