Os maiores do colexio adicamos estes días a traballar nun proxecto de aula que chamamos “Debate a catro”. Unha actividade que nos enriquece como persoas, promove o pensamento crítico, axúdanos a defender as nosas ideas e a analizar tamén as alleas. Desde o respecto, desenvolvemos habilidades de comunicación para expresar as opinións e tamén a escoitalas.


O cambio climático, a pena de morte, ou o negacionismo… son algúns dos temas que tratamos. A práctica do debate non só fortalece as nosas habilidades sociais e lingüísticas, senón tamén implica asumir responsabilidades e asimilar modelos de comportamento democrático.