O pasado día 27 de marzo o noso alumnado tivo a segunda xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de Palmeira, onde desfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do colexio O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas doutro colexio, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.