«A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, cursi, nin difícil.
Para que serve a poesía? Para cantar, para berrar, para recitar, para rapear, para susurrar, para vivir intensamente, para musicar, para rebelarse contra o mundo, para falarlle a alguén ao oído suavemente.
A poesía permíteche recoñecer cousas que non hai outro xeito de expresalas. Ofréceche esa forza rebelde da súa lectura. Así que xa sabes: poetízate»
Fran Alonso.
3º e 4º de ESO celebramos o Día da Poesía coa lectura da obra de diferentes autores e seleccionando os poemas que máis nos gustaron. Lemos en voz alta, compartimos cos compañeiros, escribimos e debuxamos e finalmente deixamos no corredor algunhas das mostras máis significativas do noso traballo.
Agardamos que vos preste!