O pasado sábado celebrouse o Día do Libro.
O alumnado de Educación Infantil adentouse no mundo dos contos desfrutando do apadriñamento lector dos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, mentres que o alumnado da ESO preparou unha exposición para celebrar esta data e como mostra expuxeron os traballos feitos durante o Plan Lector.
1º de ESO presentou “ A caixa das estrelas” baseada na novela de Ricardo Gómez, O cazador de estrelas e os murais do Chamádeme Simbad de Francisco Castro.
Os lapbooks e muráis de 2º e 3º da ESO baseáronse nas lecturas Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz e Un loto na neve, de Gonzalo Moure.
Amosaron aos compañeiros tamén os traballos do PROXECTO ANTROIDO realizado por 1º e 2º da ESO.
A lectura achéganos a un mundo de coñecementos, enriquécenos como persoas e forma parte xa das nosas vidas.

