Para celebrar o Día do Libro, o alumnado de 5º de EP realizou durante toda a semana pequenas exposicións individuais nas materias de Lingua Galega e Lingua Castelá recomendando diferentes libros aos seus compañeiros e compañeiras. Posteriormente crearon un espazo no corredor relacionado con esta actividade chamado “EXPRÉS-ARTE” para compartir esas recomendacións co resto do alumnado do centro.

Os alumnos de 6º de Primaria celebraron o 80 aniversario do “Principito” facendo un proxecto interdisciplinar coas áreas de Lengua e Plástica amosando os debuxos máis significativos e as leccións de vida que nos ofrece.
Os alumnos de 1º de Primaria elaboraron un marcapáxinas participando neste aniversario especial. Un libro sen idade e con moitas reflexións sobre o mundo da infancia e a vida adulta.
1º e 2º de
ESO estiveron traballando nunha actividade que titulamos “Nuestros libros favoritos”, unha actividade moi sinxela que consistía en que cada alumno escollese o seu libro favorito e posteriormente tiveron que elaborar unha ficha en cartulina explicando por que ese era o seu libro favorito. Logo para a exposición trouxeron o exemplar en concreto, que foi exposto no corredor acompañando cada libro coa súa correspondente ficha.

Por outra banda, o alumnado da ESO celebrou este día coa exposición no corredor de Secundaria das Caixas Simbad de 1ºESO feitas sobre a lectura de trimestre. 3º ESO expuxo os seus caligramas traballados na poesia de vangarda e todos xuntos participaron na creación dun mural Exprés-Arte no que escribiron sobre os seus libros, xéneros e autores preferidos.

