Os nenos de Infantil do noso colexio celebramos o Dia do Xoguete como vimos facendo dende fai uns anos despois das festas do Nadal. Os alumnos elixiron un dos xoguetes deste Nadal e trouxéronno á aula, xoguete que compartiron cos seus compañeiros e o finalizar o dia levárono para a casa.
O xogo e o xoguete son un medio de aprendizaxe e de interacción co medio para nenos e nenas desta etapa. Posibilitan a aprendizaxe de regras básicas, aceptación das normas, fomentan o desenvolvemento dunha actitude crítica, o coidado e a valoración cara os xoguetes que traemos…
Os xoguetes axúdanos a afianzar os seus coñecementos e aptitudes, e xogar en grupo axúdalles tamen a relacionarse. Socialmente, a facer concesións mutuas, a negociar, a ser xenerosos e amables.
A actividade resultou moi gratificante e os nenos felices de mostrar os seus xoguetes , compartilos e desfrutalos cos seus compañeiros.