Día Mundial dos Humedais

O día 2 de Febreiro, o curso de 4º de Educación Primaria fomos invitados a asistir a unha xornada cultural no CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas dos Litorais de Galicia) co gallo da conmemoración do Día Mundial dos Humedais.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

No mesmo centro asistimos a unha charla didáctica sobre a importancia dos humedais e aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de especies de fauna e flora dos nosos litorais. A continuación ensináronnos tamén  distintos tipos de pegadas, cunchas,…. así coma aparellos de pesca de antano ata os nosos días.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Para rematar a xornada, invitáronnos a realizar unha pequena ruta de senderismo ata a praia do Vilar.