Con motivo do día das “Capacidades” a Asociación Amicos envíanos un agasallo para facer máis inclusivos os nosos recreos.
É fundamental desenvolver no noso alumnado a empatía, o respecto, a tolerancia… para non ter que seguir falando de inclusión e falar de convivencia dentro dun mundo repleto de diversidade.
A diversidade depende de cada un, porque todos somos diversos e a inclusión é necesaria, pero non esquezamos que a convivencia é FUNDAMENTAL.

Grazas as asociacións da contorna pola súa labor, e de xeito especial a Amicos porque nesta caixa ademais de xogos hai moito esforzo, ilusión, esperanza e compromiso para mellorar a sociedade.