Esta semana, os alumn@s de 3º e 4º de Primaria desprazámonos ata Teixeiro (comarca de Curtis), onde coa axuda da empresa Pobo Aventura puidemos disfrutar dunha xornada lúdica e didáctica no seu entorno.
Nada máis chegar ao Centro Etnográfico do Mandeo, as monitoras agrupáronnos en 3 equipos: azul, verde e amarelo, e fixéronnos participar nunha competición de rastrexos pola contorna do río Mandeo.
Tras retomar forzas no xantar, contáronnos varias lendas moi interesantes sobre a comarca. E como peche do día, demostramos as nosas habilidades no tiro con arco.