Ao longo destas semanas, os alumnos de 6º levamos a cabo unha viaxe moi interesante pola xeografía europea.
Antes de tomar rumbo, preparamos a nosa maleta e a documentación necesaria para voar libremente. Fixemos o noso carné de identidade e pasaporte, e solicitamos un billete de avión co destino selecionado por cada alumno.
Coa seleción de cada país feita, cada alumno pescudou información sobre o clima, a capital, os principais monumentos, pratos típicos… Máis tarde, organizaron os datos e presentáronos nunha exposición oral aos seus compañeiros. Estes, tomaron datos de toda a información que iban escoitando no seu pasaporte, e antes de viaxar ao seguinte país, pasaron por aduanas a selar o seu pasaporte.
A información aportada polos compañeiros, permitiunos coñecer a cultura doutros países veciños, disfrutar dos monumentos máis interesantes e dos pratos máis deliciosos, ao son da música tradicional de cada país.






