A semana pasada tivemos un día especial: celebramos a “benvida da primavera”. As tres aulas de infantil, seguindo todas as medidas derivadas do protocolo COVID-19, desfrutamos dunha merenda campestre, observamos e identificamos os cambios estacionais na contorna, visualizamos unha mostra de danza realizada por un grupo de alumnas de 4º de cuarto de educación primaria, xogamos, rimos e gozamos da compañía dos compañeiros/as de aula.

