O pasado venres 10 de xullo, a comunidade educativa do centro reuniuse na capela para celebrar unha Eucaristia de final de curso e de Acción de Gracias.
Nela agradecemos todo o vivido ao longo do mesmo e dun xeito especial, a traxectoria de Domingo como director deste centro ao longo de 18 anos. Foi un curso cheo de traballo e esforzo, que fomos capaces de sacar adiante grazas á constancia de todos.
Queremos agradecer tanto a profesores como ás familias todo ese apoio. Non só ensinastes materias senón tamén a saber vivir circunstancias diferentes.
Feliz verán para tod@s!

