Os nenos de 5º e 6º de Infantil xa fixeron a súa excursión á Granxa Escola Kirico. O programa escolleito foi “Os alimentos”.
Foi un día moi divertido desde que saímos do cole e subimos ao autobús onde todos cantamos e xogamos ata que chegamos de volta.
Na granxa había varios monitores esperándonos para presentarnos o programa do día:
- Visita aos animais (coñecelos, darlles de comer e tamén muxir á vaca Olivia).
- No invernadoiro aprendemos sobre as plantas.
- Na horta plantamos, arrincamos malas herbas e regamos.
- Fixemos un semilleiro de xirasol que trouxemos para a casa.
- Tivemos un taller de cociña onde elaboramos galletas que tamén trouxemos para a casa.
Foi un día especial e as nosas profes din que nos portamos xenial!