Con motivo da festividade de San Martiño celebramos o tradicional magosto na horta do noso cole. Durante a tarde participamos en diferentes xogos, asamos e comemos castañas disfrutando dos nosos compañeiros nunha tarde soleada. Que boas estaban!
Os nenos de infantil luciron sorrintes as manualidades que eles mesmos elaboraron na semana previa.