Con motivo da celebración do Día da Paz, en Secundaria participamos nun ciclo de charlas dirixidas aos colexios sobre a temática do conflito saharauí e os refuxiados.
Amparo Cerecedo, delegada comarcal de SOGAPS ( Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) e Laroussi Mohamed Lamin ( neno saharauí que estuda na nosa bisbarra), foron os encargados de transmitirnos a voz dos refuxiados que agardan no deserto o regreso ao seu país.
Cunha presentación audiovisual, puidemos coñecer a historia, xeografía e costumes do Sahara Occidental e a actualidade e as duras condicións de vida nos campos de Tinduf, a través das fotografías e a testemuña da recente visita da nosa mestra Marián.
O alumnado de 3º e 4º de ESO solidarizámonos asinando na campaña #ReferendumNow in #westernsahara que reivindica o referéndum para este país.