Mindfulness, que pode traducirse ao galego como atención plena ou consciencia plena, consiste en lograr ser consciente do momento presente e centrarse no que está sucedendo «aquí e agora». Esta técnica produce nos nenos e nenas múltiples beneficios: axuda á autorregulación emocional, reduce o nivel de estrés, mellora a atención e a concentración, incrementa o rendemento académico ou contribúe a formar un alumnado resilente, creativo e positivo.
Aproveitando as instalacións do centro, achegamos aos nosos cativos ao mindfulness nunha contorna que invita a conectar con eles mesmos e coa natureza.
