O alumnado de 1º e 2º da Educación Primaria convertémonos en pequenos panadeiros!
Realizamos unha visita didáctica ao Parque da Natureza dos Muíños de Barosa (Concello de Barro, Pontevedra). Os nenos/as aprenderon de xeito presencial como funcionan os muíños e os fornos de pedra, a súa historia e os procesos da elaboración do pan. Coñeceron os distintos tipos de cereais e como ao moelos se consegue a fariña. Tamén nos mostraron os diferentes ingredientes que leva a masa para elaborar o pan.
Concluímos a xornada cun taller de amasado de pan para que os nenos elaboren cada un o seu propio bolo.
Cada neno/a trouxo para a súa casa un moletiño de pan de recordo.