NA CORUÑA DE SAÍDA CULTURAL

 

O día 11 de abril de 2014, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizamos unha viaxe á Coruña, onde visitamos a Domus. O percorrido comezou na aula de Magnavisión, vendo unha película en 3 D sobre a aviación.

DSC_0087DSC_0091DSC_0094

seguidamente tivemos a experiencia de manipular e diseccionar un corazón, onde se ven as distintas caras de expectación ( uns de ilusión “futuros médicos” e outros de repulsión).

DSC_0108

Seguidamente tivemos tempo para observar e manipular as distintas áreas do museo.

DSC_0120DSC_0119

DSC_0105

Á hora de xantar, estivemos todos xuntos no comedor da Domus, onde todos os rapaces colaboraron na reciclaxe de plásticos, restos órganicos e vidro, xerados no momento da comida.

DSC_0147

Para facer a dixestión e estirar as pernas realizamos un percorrido polo paseo marítimo desde a Domus pasando polas praias de Orzán e  Riazor  ata chegar ao Muncyt. Puidemos ver neste percorrido os desastres provocados polos fortes temporais deste inverno.

DSC_0103DSC_0167DSC_0156

No Muncyt  moitos rapaces quedaron asombrados pola variedade de inventos dende máis antigos ata os máis modernos, o que máis chamou a atención foi a cabina do avión, onde puideron entrar e imaxinar seren pasaxeiros de verdade.

DSC_0139DSC_0140