Os nenos /as do primeiro ciclo da primaria comezámolo mes de marzo dun xeito divertido xa que o luns tivemos unha tarde de contacontos, onde a coñecida Raquel Queizás nos deleitou co seu espectáculo: “O autobús da selva”, onde nos contou ese conto e outro máis que tiña como valor principal a diversidade e a aceptación da mesma.
Estivemos moi atentos e fomos moi bos actores e actrices: bailamos, xogamos con sons e con xestos…. Foi moi moi divertido, pero… Quen o pasou mellor?