OBXECTIVOS

OBXECTIVOS

A nosa escola Vicenciana na Pastoral, proponse o seguinte:

  • Formación integral dos alumnos dacordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo.
  • Opción polos débiles e compromiso pola xustiza e a solidariedade cunha participación activa na transformación e mellora da sociedade.
  • Vivencia dos valores evanxélicos.
  • Relación persoal de cada membro da comunidade educativa con Deus e cos demáis.

 OBXECTIVO XERAL

Cada ano temos un valor a traballar, para profundizar na relación cun mesmo, cos demáis, coa realidade que lle rodea e con Deus.

PROPOSTAS DE TRABALLO:

  • Xornadas de sensibilización: Para axudar aos alumnos a descubrir o valor proposto para cada ano escolar a través do SILENCIO, DESCIFRANDO as pautas do auto coñecemento, a integración das emocións e a experiencia de Deus.
  • Oración da mañá: Intentamos potenciar e favorecer a oración con tódolos recursos: libros, revistas, cancións, textos propostos polo Departamento de Pastoral Norte, noticias de actualidade…
  • Tempos litúrxicos: Coidando a preparación, proceso e vivencia dos tempos litúrxicos: Advento, Coresma e de maneira especial a Pascua para que descubramos a esperanza da vitoria da Vida sobre a morte e o sentido e valor da Eucaristía.
  • Celebracións penitenciais por cursos ou etapas durante os tempos fortes do Advento e a Coresma como preparación ao Nadal e a Pascua do Señor.
  • Campañas solidarias: Domund, Nadal, Infancia Misioneira, Campaña contra a fame (Xaxún voluntario) e becas misioneiras.
  • Eucaristías: San Vicente, Milagrosa e Nadal xuntos como Comunidade Educativa e dende 4º de primaria ata a Eso.
  • Outras celebracións: Celebración da imposición da Cinza como pregón coresmal; celebración de todo o centro como apertura e despedida do mes de maio; Xornada da Paz.
  • Semana vocación misión: Axuda a reflexión sobre as distintas vocacións dende distintos compromisos cristiáns.
  • Formación del profesorado: Asistencia a seminarios, cursos, Xornadas pastorais …