A educación amóldase á sociedade e aos seus cambios. Vivimos nunha época na que as novas tecnoloxías están presentes en numerosos ámbitos da vida. As TIC tamén están presentes na educación, ben sendo utilizadas como medio para aprender as materias tradicionais, ben coma o obxectivo e fin para aprender delas.
É importante que exista esta formación do profesorado en robótica e novas tecnoloxías, xa que son os docentes quen teñen que transmitir aos alumnos estas competencias dixitais, tan importantes no presente e no futuro. Por iso, a pasada fin de semana na capital galega, as mestras de varias etapas educativas do centro asistiron a un curso de robótica como ferramenta para transmitir contidos.