Cada ano o noso centro énchese de cor coa Flor de Pascua .Sempre sembrando sorrisos.
APRENDENDO XUNTOS
Os alumn@s do 3º ciclo de primaria con motivo de conmemorar o Día da Constitución visitan os museos de Ribeira e son recibidos pola concelleira de educación .
Recordamos feitos històricos de Ribeira e da idade contemporánea coa aprobación da Constituciòn e o valor que esta ten á hora de gobernar.
Celebramos a festividade da Virxe Milagrosa
25 N
Conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, as tres etapas educativas no patio do colexio. As tres bolboretas lembráronnos a Patricia, Minerva e María, as irmás Mirabal.
NON Á VIOLENCIA
Os alum@s de 3º da ESO participaron nas actividades organizadas polo concello e o CIM para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero .
MAGOSTO 2023
O venres 17 as tres etapas educativas desfrutaron dun magosto na horta do colexio.
Os alumnos maiores encargáronse dos máis pequenos e os xogos populares encheron de diversión o noso patio.
CONFERENCIA SOBRE ACOSO ESCOLAR
Hoxe, os alumnos de 3º e 4º da ESO puideron asistir á proxección on line da conferencia sobre ACOSO ESCOLAR que tiña como ponente á profesora Carmen Cabestany, que tamén é presidenta da asociación «NO AL ACOSO ESCOLAR». Dende o centro agradecemos a invitación por parte da área educativa de AFUNDACIÓN TV para que alumnado e profesorado poidan recibir información sobre un tema que nos afecta a todos.
TÓMBOLA SOLIDARIA
HORA DE LER
DOMUND 2023
A continuación pode acceder á información do DOMUND 2023 e á tómbola misioneira na seguinte ligazón:Pastoral de La Milagrosa de Oleiros (pastoralmilagrosaoleiros.blogspot.com)