«RelaxArte»

A relaxación é un aspecto fundamental dentro das rutinas da Educación Infantil para axudar aos cativos a adquirir un estado de calma despois dun momento de actividade e que, ademais, provoca nos nenos e nenas múltiples beneficios. Entre eles podemos destacar a redución de estrés, a liberación da ansiedade, a creatividade, o incremento da concentración, a mellora na aprendizaxe ou o aumento do autocontrol. Para favorecer a relaxación, contamos cunha ampla gama de técnicas como pode ser a configuración de mandalas corporais acompañadas dun ritmo de respiración suave e unha música ambiental que invite a descansar.

Os nenos e nenas desfrutan da realización destas actividades ao tempo que se empapan dos diferentes beneficios que lles aportan.

As plantas

Os alumnos de 1º de primaria visitan a horta do colexio para observar os diferentes tipos de plantas: àrbores, arbustos,herbas… a diferencia de troncos, a súa textura para máis tarde plasmalo no seu traballo de clase.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS EN FERROL 

Éxito absoluto!! Non podemos calificar doutra forma a actuación dos nosos alumnos no campionato provincial disputado no Clube de Campo de Ferrol o pasado venres 17 de marzo. A xornada comezou dun xeito inmellorable coa victoria por equipos na categoría benxamín masculino grazas aos seguintes corredores: Juan Pardavila González, Breixo López Millares, Ángel Martínez Lijó, Nicolás Millán Sampedro, Telmo Martínez Vila e Xabi Fernández Otero. Ademais o noso alumno Juan Pardavila González subeu tamén ao podio como subcampeón provincial na categoría individual, xa que chegou nunha fantástica segunda posición. 

Para rematar, a alumna de sexto de educación primaria na categoría de infantil feminino, acadou un máis que meritorio sétimo posto, xa que tivo que competir contra compañeiras un ano maior ca ela. NORABOA! 

BOCADILLO SOLIDARIO, UN PEQUENO XESTO, UNHA GRAN AXUDA.

O pasado xoves, coma todos los anos e coincidindo co tempo de Coresma, celebramos no colexio o día do «Bocadillo Solidario». Unha actividade que ten coma obxectivo colaborar coa campaña de Mans Unidas. Ao longo da semana traballamos sobre a importancia da nosa colaboración e axuda cos que  menos teñen. 

Foi unha xornada de convivencia na que alumnos e profesores fixemos un «picnic» nun entorno incomparable, o Dolmen de Axeitos.

Gracias a todos pola vosa colaboración!!

“A lingua de signos é unha danza coas palabras” Marlyn Daniels

A equidade e a inclusión son dous principios fundamentais sobre os que se asenta a Educación. Co obxecto de sensibilizar ao alumnado de Educación Infantil e favorecer unha aprendizaxe universal adaptada á diversidade dos cativos, achegamos aos nenos e nenas á lingua de signos a través dunha canción asociada as rutinas de aula. Os pequenos desfrutaron do proceso de aprendizaxe dende unha perspectiva lúdica e vivencial, coñecendo un novo instrumento de comunicación que permite integrar a pluralidade do alumnado que conforma as nosas aulas dende a empatía e a concienciación. 

«Sen igualdade non hai futuro»

Como cada ano, dende o colexio celebramos o Día Internacional da Muller cunha axenda repleta de actividades destinadas a sensibilizar a toda a comunidade educativa do papel da muller.

As nosas fiestras foron soporte de todas as mulleres importantes que, grazas ao seu traballo, deixaron unha pegada ao longo da historia.

Os nosos corazóns abríronse para dar cabida ás mulleres que deixan unha marca significativa en cada un de nós.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro o alumnado das tres etapas recordaron o papel destacado que tivo Rosalía para a nosa literatura e sociedade. Muller precursora e valente no seu tempo que loitou polos seus ideais.
As diferentes etapas traballaron a súa vida e obra recordando os seus principais poemas en diferentes estructuras e deseños gráficos.