Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2023-24 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.
ECOPREGUNTOIRO
Os alumnos de sexto de primaria participaron no programa de Radio Voz que ten como obxectivo concienciar aos alumnos da importancia de reciclar.
Nesta primeira fase resultaron gañadores nunha ronda de preguntas permitindo o seu paso á seguinte. Ao mesmo tempo elaboraron e presentaron un audio cun Ecoconsello para mellorar o medioambiente.
“Os hippies inundaron as rúas de Oleiros”.
Desde o colexio comezamos a quentar motores para estes días de festa! Unha divertida viaxe no tempo con pasarrúas que finalizou no centro social da parroquia con varios espectáculos: desfiles, bailes e momentos de entretemento.
As ganas de gozar do entroido e o bo tempo axudaron a que a nosa multicolor caravana brillara aínda máis!
Un desfile que contou co apoio da Policía Local no control do tráfico e de Protección Civil.
SNOWBALL
Os alumnos de El e 1° ciclo de primaria participaron na representacion teatral Snowball.
Esta actividade forma parte das propostas levadas a cabo polo centro para impulsar a competencia lingüística en inglés dos alumnos,
así como fomentar o gusto polo teatro como ferramenta didáctica. A representacion a cargo da compañía Face to Face foi acollida
con gran entusiasmo polo alumnado que participou activamente ao longo de toda a obra.
BASURALEZA
SAÍDA SAUDABLE
CARREIRA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS
O día 15 de febreiro realizouse no estadio municipal Julio Mato “Matito” a carreira intercomarcal de campo a través onde participou o alumnado do noso colexio clasificado na carreira de campo a través en Ribeira.
Desta volta volveron a conseguir uns moi bos resultados gañando a proba por equipos na categoría benxamín masculino composto por Breixo López Millares, Juan Pardavila González, Nicolás Millán Sampedro, Ángel Martínez Lijó, Telmo Martínez Vila e Xabi Fernández Otero. Na categoría infantil feminina a alumna Lara Abelleira Gómez tamén se clasificou para a seguinte fase. Todos estes alumnos acudirán á proba da carreira provincial de campo a través que se realizará na cidade de Ferrol o 17 de marzo.
VIAXE A LEITARIEGOS 2023
Os días 7, 8, 9 e 10 de febreiro os alumnos da ESO desfrutaron duns inmellorables días no pobo de Villablino e na Estación de Esquí de Leitariegos. Alí tiveron clase de esquí con monitores, grazas aos cales aprenderon a desenvolverse neste medio tan novidoso para todos eles.
Tamén realizamos unha visita ao Centro de Interpretación do Urogallo, onde coñecemos un pouco máis esta especie en perigo de extinción, a vida do oso pardo e a flora autóctona do lugar.
Agradecemos dende o centro a implicación e o trato recibido dende o Albergue Superior Francisco Giner de los Ríos, onde dispuxemos de todas as comodidades e facilidades para desfrutar desta saída ao medio natural.