En Club Creativo nos encantan las tradiciones, asi que hoy, como cada año, nos llevamos a casa nuestros muñecos de «nieve» por Navidad!( son de arroz jeje)
A VISITA DE CAMI A 5EI
A saúde é un tema fundamental para ter unha boa calidade de vida, e na escola somos conscientes diso; por iso, é un contido que traballamos a cotiá. Coa intención de afondar, neste caso na hixiene dental, tivemos a visita dunha mamá odontóloga que ensinou o nome dos dentes e o seu axeitado lavado. Desfrutamos dunha tarde de aprendizaxe en compañía do crocodilo CAMI ao que lle deixamos os dentes relucentes!
UN MUNDO POR DESCUBRIR
Un mundo por descubrir ou máis ben esquecido por moitos debido ao paso do tempo. Así comezamos o primeiro trimestre os alumnos de 3º da ESO, que asisten as clase de Cultura Clásica. No mes de setembro iniciaron unha viaxe pola universo da Antiga Grecia, onde descubriron a súa historia, xeografía, arquitectura e personaxes importantes dun xeito diferente e divertido.
Froito desta longa viaxe os alumnos recrearon algúns monumentos que lles chamou a súa atención: o cabalo de Troia, o faro de Alexandría coloso de Rodas, a Acrópole….
O XABÓN
Os alumn@s de 1º de primaria comprobaron a importancia de utilizar o xabón á hora de lavar as mans . Neste experimento observaron como a suciedade se ía separando cando acercabamos o dedo impregnado en xabón.
O VENTO
Despois de estudar os diferentes instrumentos para predicir o tempo, os alumnos de 2º de primaria fixeron a súa propia veleta para comprobar a direcciòn do vento.
VIAQUA
O venres 16 de decembro os alumn@s de 4º,5º e 6º recibiron unha charla sobre a importancia da auga e o uso responsable.
O obxectivo era invertir en diferentes proxectos cun capital de partida para aforrar auga a través de actividades sostibles e facendo unha boa xestión do capital.
NADAL
En todos os recunchos do centro agardamos o nacemento do Neno Xesús. Abramos os nosos corazòns para que nos ilumine.
II Domingo de Advento
Ligazón ao blog de Pastoral
Pastoral de La Milagrosa de Oleiros (pastoralmilagrosaoleiros.blogspot.com)
AGRESIÓN OFF
Os alumnos de 1º da ESO participaron nas actividades organizadas polo CIM con motivo do día da Violencia de xénero que se foron desenvolvendo ao longo deste mes no Stand Agresión Off situado na Praza do concello.
Sensibilizar e concienciar aos nosos alumnos desta lacra que vive a nosa sociedade.
Campaña de Nadal
Un ano máis a flor de Pascua entra nos nosos fogares da man de Manos Unidas.