Os alumnos de primaria participaron esta fin de semana no torneo de balonmán organizado pola Federación Galega de Balonmán na Praza de España .

CreArte
Entre pinceis, cores e paletas chegamos ao remate dun curso escolar onde os nenos e nenas que formaron a aula de crearte experimentaron e desfrutaron coa arte e o proceso artístico.
Coñecemos diferentes técnicas, ferramentas e materias cos que puideron configurar as súas grandes obras nun ambiente de creatividade e respecto, valorando cada aportación e os sentimentos dos compañeiros.
Hoxe, 13 de xuño, os alumnos do 3º ciclo de EP participaron da festa de clausura do programa de EcoVoz onde os alumnos de 6º recolleron o premio polo seu traballo na categoría de “Economía Circular”.
A elaboración de cuñas radiofónicas en diferentes estilos: pareados, rap, adiviñas.. foron do agrado do xurado.
A concienciación á hora de reciclar, respectar e manter o medio ambiente traballouse dende a materia de Valores cívicos e Lingua castelá.
Os alumnos do 3º ciclo de primaria desfrutaron dunha xornada cargada de emocións.
Dous guías foron os encargados de dar coñecer a historia que gardan as illas, así como a fauna a e flora con recursos medicinais durante o percorrido de dúas rutas.
O altar do druída, a pedra do monxe,o hotel para insectos,o faro… chamaron a atención dos alumnos.
E sobre todo a concienciación de coidar o medio natural.
Grazas ao «Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna», que oferta a Consellería de Educación en colaboración coa Policía Nacional; os alumnos de 1º ciclo da ESO coñeceron da man de PILAR FERNÁNDEZ BANDÍN (Policía Nacional) temas de actualidade coma os riscos das compras por internet, bloqueo de ventás emerxentes, fraude e usurpaciòn de identidad, os perigos de tiktok, instagram… e á necesidade de establecer un control parental no uso dos diferentes dispositivos.
A pasada semana o alumnado de 1º a 3º de ESO, realizaron unha carreira de orientación na horta da escola.
A carreira consistía en atopar seis balizas repartidas pola horta nun tempo máximo de 5 minutos, para isto servíanse dun mapa e da súa capacidade de orientación. A tarefa foi realizada por grupos de catro persoas e todos o pasaron en grande.