Os máis pequenos puxeron en marcha a súa creatividade traballando en cooperativo. Empregamos o xogo e a experimentaciòn como ferramenta de aprendizaxe. Os materiais empregados pertenecen aos kits de POLOS CREATIVOS en servizo de préstamo por parte do CAFI.
A FOLLA AZUL DE ANDREA MACEIRAS 1º de ESO amosa unha vez máis a súa creatividade con estes LAPBOOKS realizados sobre a lectura de trimestre «A folla azul» de Andrea Maceiras. Esta novela está protagonizada por unha tribo ficticia, os tacaré, e desenvólvese na Amazonia. A súa forma de ver e entender o mundo, os seus costumes e tradicións e mesmo algunha das súas palabras amósannos a vida destes defensores e defensoras da natureza. Un berro contra a destrucción dos recursos naturais e un canto a favor da cooperación e o respecto a outras formas de vida.
Coa charla a cargo da Sociedade Galega de Medio Ambiente (sogama) damos por finalizas as propostas de conciencia medioambiental e reciclaxe na etapa de Educación Primaria.
Os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria asistiron a obra de teatro “Trouble in the jungle”no auditorio de Ribeira. Participaron activamente durante a obra potenciando a escoita e desenvolvemento nesta lingua de xeito divertido.
O pasado xoves ,16 de maio, os alumnos do 1º ciclo de Ed. Primaria visitamos a granxa Casa Grande de Xanceda. Alí explicáronnos como xurdiu esta granxa familiar bio-ecolóxica, preto de Ordes na cal coidan de máis de 300 vacas. Coa leite que producen elaboran diversos produtos lácteos ¡muuuy ricos e sans!
Ademais de visitar os diferentes espazos de produción da granxa, visitamos algúns dos terreos que posúen onde nos ensinaron porque son unha granxa ecolóxica e bio. Alí descubrimos as diferentes casas niño, as colmeas, a eco- horta e o eco zoo onde desfrutamos dos animais e fixemos un taller para axudar a coidar a biodiversidade do rural e respectalo medio ambiente.
Foi unha xornada diferente na que aprendemos muuuitas cousas novas para poñer en práctica nas nosas casas!
Os cursos de 3º e 4º tivemos saída de fin de curso a Pobo Aventura (Teixeiro). Desfrutamos dunha xornada onde puidemos aprender cousas dos nosos ancestros, realizamos unha ruta de sendeirismo pola senda do río onde nos deron pautas para o coidado e conservación do medio natural. Ademáis realizamos unha xincana con eco-xogos, tiro con arco… rematamos a xornada cun baile moi divertido como bos “poboaventureiros”.
Como cada 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas, así como ao autor homenaxeado, este ano dedicado a Luísa Villalta.
Dende o colexio levamos a cabo diferentes propostas educativas nas que se abordou a vida e obra de Luísa Villalta e a importancia do galego. Entre elas podemos destacar un retrato da autora homenaxeada coa técnica do collage por parte do alumnado de infantil, a elaboración dun libriño en miniatura dos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria ou diversas actividades en cooperativo como un resumo plasmado nun mural sobre o libro «Alma de violino» de 4º, 5º e 6º.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.