O alumnado de 1º e 2º visitamos o Gadis Hiper para coñecer de primeira man os ingredientes dun menú saudable e completamos diversas misións na nosa visita pola cidade: a oficina de Correos , o Mercado e a Biblioteca Municipal.
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis achegámonos á celebración da nosa ilustre poeta Rosalía de Castro. No seu aniversario, o 23 de febreiro, dispuxémnos a homenaxeala coñecenco os seus versos, a súa vida, os pensamentos e inquedanzas.
En 5º EP lemos os poemas e debuxamos á poeta de Padrón. Temos as nosas obras no corredor de Primaria.
O alumnado da ESO lemos, escribimos e reflexionamos sobre a mensaxe da súa obra. En 1º e 2º de ESO realizamos debuxos e seleccionamos os poemas que máis nos gustan, lémolos na clase e falamos da vida da autora. En 3º e 4º elaboraron caligramas cos seus versos. Quedáronlles xenial!
Seguindo a proposta da AELG confeccionamos con eses versos uns carteis que temos nos corredores de secundaria. “Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino».
#oamordapatriagalega
#_rdc2024
CONCERTO COS BARBANZIÑOS
Este venres un grupo de alumnos do noso centro achegouse ata a guardería dos Barbanziños, no Hospital da Barbanza.
A través de cancións moi coñecidas por eles, como Baby shark ou A panteira rosa, puideron coñecer novos instrumentos: o chelo, o saxo, a frauta traveseira e o teclado.
Os nenos estiveron moi atentos en todo momento, pero tampouco deixaron pasar a oportunidade de bailar as súas cancións favoritas.
Como mostra de agradecemento, entregáronos un diploma feito por eles.
MÚSICA ACTIVA
ESTACIÓN METEOROLÓXICA
Dende principios do mes de febreiro o centro ten instalada unha estación meteorolóxica BRESSER formada por un sensor multifuncional e por unha estación base. Nesta, pódense consultar os seguintes datos: Dirección do vento, velocidade, temperatura, humidade, precipitacións, nivel raios UV e intensidade da luz. Os estudiantes teñen a oportunidade de participar na recopilación e análise de datos e incluso facer as súas propias prediccións. Ánimo!!