A escritora, actriz e contacontos Paula Carballeira, achegouse ó cole o pasado luns. Falounos do seu libro «Casas» e contounos que se lle ocorreu cando andou viaxando polo mundo adiante e vendo todo tipo de vivendas.
Rematou cun relato de humor e misterio arrepiante, pero que nos divertiu moitísimo.
Foi xenial!