Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria participaron esta semana nunha dinámica sobre o acoso escolar. A través dela, reflexionaron sobre as situacións que viven a miúdo aqueles compañeiros que non son ben aceptados polo seu grupo de iguais.
Puxéronse en común as experiencias de cada un e expresaron como se sentían cando lles toca estar na pel do que sofre insultos e desprezos. Tras isto, atrevéronse a decir tres cualidades dalguén da clase e reflexionaron sobre o ben que nos fai sentir oír cousas positivas sobre un mesmo.
Como di o proverbio: “Para levarse ben, non se necesitan as mesmas ideas, necesítase o mesmo respecto”.

