PROXECTO POTTER

DSC_0664

Hai xa máis de 2 meses, os alumn@s de 4º de EP, chegaban emocionados e nerviosos por comezar un novo curso. Neste primeiro día, foron recibidos cunha carta, na que persoalmente se lles daba a benvida ao Colexio Hogwarts de Maxia e Bruxería.

DSC_0619DSC_0618DSC_0405

Poñíanse en marcha dende o Andén 9 ¾ da estación de King Cross e buscaban o seu asento no Expreso de Hogwarts.DSC_0404DSC_0403DSC_0402

DSC_0334

Tras pasar a proba do Sombreiro Selecionador, cada alumno disponse a traballar moi duro pola súa Casa: recetas e pocións máxicas, visita a Privet Drive, celebración de Halloween, Rúa Diagon… Unha longa travesía comeza para eles: coñecer a través das pegadas de Harry Potter as inquedanzas, aventuras e valores dun dos magos máis coñecidos de todos os tempos.

DSC_0596DSC_0577DSC_0574

Quedan moitas probas ao longo deste ano, pero só unha casa, Hufflepuff, Gryffindor, Slytherin ou Ravenclaw… acadará a vitoria e se fará coa Copa das Casas. Que gañe o mellor!

DSC_0311