O Parque de Bombeiros do Concello e Protección Civil organizaron conxuntamente o mércores 13 de novembro un simulacro de incendio no noso cole. Ademais tamén contamos coa presenza da Policía Local e Nacional. A media mañá, escoitamos un timbre moi longo, polo que axiña nos dispuxemos a saír do centro despois de pechar as ventás e as portas da clase. Baixamos en ringleira ata o patio, e xuntámonos por cursos para comprobar que non faltara ninguén.
Axiña nos demos conta de que se trataba dun simulacro de incendio, polo que xa quedamos máis tranquilos. Antes de volver a clase, os nenos puideron subir aos vehículos de extinción e comprobar así de primeira man o seu funcionamento. Foi unha experiencia moi interesante.
O noso agradecemento ao Parque de bombeiros, Protección Civil e Policía Local e Nacional.