A relaxación é un aspecto fundamental dentro das rutinas da Educación Infantil para axudar aos cativos a adquirir un estado de calma despois dun momento de actividade e que, ademais, provoca nos nenos e nenas múltiples beneficios. Entre eles podemos destacar a redución de estrés, a liberación da ansiedade, a creatividade, o incremento da concentración, a mellora na aprendizaxe ou o aumento do autocontrol. Para favorecer a relaxación, contamos cunha ampla gama de técnicas como pode ser a configuración de mandalas corporais acompañadas dun ritmo de respiración suave e unha música ambiental que invite a descansar.
Os nenos e nenas desfrutan da realización destas actividades ao tempo que se empapan dos diferentes beneficios que lles aportan.