RIANXO

Na mañá de onte, o grupo de 4º de ESO fomos de visita cultural a Rianxo. Había tempo que estabamos a agardar por ela, e despois de coñecer a importancia e o valor desta vila mariñeira que temos tan preto,( onde naceron algúns dos máis importantes escritores e intelectuais galegos do s.XX ),  non nos defraudou.

Visitamos o Museo do Mar, e alí Kike explicounos como se constrúen as dornas, a evolución no cultivo de mexillón nas bateas ou sistemas de pesca tradicionais.

IMG-20140528-WA0011

Despois achegámonos á Casa Museo Manuel Antonio. Foi moi emocionante ver o lugar no que naceu, e como se conservan as súas pertenzas, os manuscritos, fotografías e poemas que estudamos na clase durante o curso. Rebeca contounos moitas anécdotas interesantes da vida do poeta.

IMG-20140528-WA0015

Rematamos a visita paseando polas rúas da vila onde viviron Castelao e Rafael Dieste, visitamos a capela da Guadalupe e o Paseo da Ribeira. Antes de voltar, pasamos polo Auditorio, para rematar unha mañá completa cultural e de lecer.

IMG_9575  IMG_9577

O noso agradecemento ao Concello de Rianxo polo convite, e a Kike e Rebeca pola acollida.