Rematamos o 2º trimestre, e os Departamentos de Educación Física e Historia, organizaron unha saída pola contorna para o alumnado da ESO.
O venres 29 de marzo, saímos do cole pola mañá seguindo a ruta do río Artes, acompañados por un grupo de mestres, para desfrutar dun roteiro pola natureza. A seguir, subimos ao monte da Cidá, paramos no miradoiro da Pedra da Rá, dende onde vimos o outro lado da ría, e as illas de Sálvora, Ons e Cíes.
Subimos ata o Castro da Cidá, onde se atopan os restos arqueolóxicos dun poboado castrexo, escavados recentemente.
Preto do Vilar escollemos un lugar tranquilo para o xantar e regresamos pola tarde polo Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán.
Que ben se pasa aprendendo da natureza, compartindo cos compañeiros e coñecendo as paraxes máis belas da nosa comarca!
Temos que repetir!