O 27 de maio, os alumnos de 3º e 4º de Primaria finalizaron o seu proxecto sobre Cristóbal Colón cunha saída a Baiona.
Alí, puideron coñecer de primeira man a recreación da carabela na que viaxou Martín Alonso Pinzón de volta a España, e as dificultades que xurdiron no seu regreso.
Ao chegar ao Museo da Navegación, continuamos afondando nas vicisitudes que aconteceron durante o descubrimento, e a importancia de Baiona no mesmo.
Á hora do xantar, acompañounos o bo tempo e disfrutamos da paisaxe de Baiona dende o mirador da Virxe da Rocha.
Antes de voltar á casa, fixemos unha pequena andaina arredor da Fortaleza de Monte Boi. Foi unha gran experiencia!