@s alumn@s de 3º da ESO tiveron un Obradoiro dentro do Programa Educativo “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”, ofertado pola Consellería de Educación.
Pretende capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
No obradoiro abordaron:
- A xestión segura das redes sociais que máis están a empregar os adolescentes.
- Explicación do que é a Identidade dixital e a importancia da pegada dixital.
- E coñecemento de ferramentas e recursos aos que poden acudir cando teñen alguna dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
Estivo impartido por Manuel Rivas, especialista da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).