Os alumn@s de EP de 1º a 6º asisten á obra de teatro en inglés “Tarzán” no Auditorio de Ribeira.
Os alumn@s participaron activamente e disfrutaron da actuación.
Seguidamente os máis pequenos visitaron a biblioteca e coñeceron a figura de Luis Seoane .
Os maiores de 5º e 6º completaron a xornada coa visita guiada á lonxa onde aprenderon o percorrido que segue o peixe dende que se pesca ata que chega ao mercado; así como a importancia do porto a nivel europeo e como fonte de traballo.