Saída á cidade de Santiago

20141210_155936

Os alum@s de 3º ciclo de E.P. visitaron Santiago  para asistir á obra de teatro “Christmas Carol” e posteriormente levaron a cabo unha visita guiada pola cidade medieval onde os alumn@s puideron aprender formas  de vida, comercio e relación entre igrexa e os monarcas.

Adentráronse no museo da catedral para poñer fin á saída.

Os alumn@s da E.S.O. asistiron a obra de inglés “ Christmas Carol”,  nun horario diferente ao de E.P.

O primeiro ciclo da E.S.O.  fixo  unha visita guiada pola cidade  dentro do programa “Pedras de Santiago”, mentres o segundo ciclo  visitou o Centro de Transfusión de Sangue onde pasaron polos distintos laboratorios nos que se trata, estuda e analiza o sangue.

O obxectivo destas actividades é a aprendizaxe dos nos@s alumn@s en todas as facetas da vida  dende o seu desenvolvmento persoal, afectivo  e cooperativo.