Os alumnos/as de 1° e 2° da ESO asistiron a unha obra de teatro: R2D2 y El Caballero de la Triste Figura, onde puideron coñecer de maneira lúdica a obra cervantina.
Despois realizaron un roteiro pola cidade seguindo as pegadas de Castelao, e finalizaron a viaxe visitando o Museo de Pontevedra.
Foi unha experiencia moi enriquecedora.