O pasado xoves 29 de novembro celebramos no colexio «Thanksgiving day» (Día de Acción de Gracias). Esta celebración está incluída no noso proxecto plurilingüe. Cada curso de Ed. Infantil e o primeiro ciclo da Ed. Primaria realizou diferentes actividades para conmemorar este día. Os alumnos de Infantil fixeron un «Thanksgiving turkey».
En Educación Primaria traballamos un minibook para coñecer as personaxes da historia, as casas onde vivían e os alimentos típicos deste día. Asimesmo no taller de Cociña Creativa tamén fixemos unha homenaxe a este día facendo un pavo e unha cornucopia,como símbolo da festa da colleita e a abundancia.
Tanto o alumnado como o profesorado ,xunto con Alex, vivimos e disfrutamos deste día tan especial.