No día de onte, os alumnos do 1º e 2º ciclo da Ed. Primaria foron ata o colexio La Salle de Santiago, para ver a representación en inglés do conto clásico “The Tin Soldier”. Alí viviron a emocionante historia do valente soldadiño de chumbo e do seu gran corazón de ouro.
Tanto maiores coma pequenos pasárono fenomenal. Disfrutaron do teatro onde ademais de velo, participaron, riron, cantaron e divertíronse. Unha gran experiencia, debido ao bo enfoque da obra que gustou a todos, e ao exemplar comportamento dos nosos alumnos.
The performance of the play and the songs is a fun excuse for our students to learn. It helps them achieve some of the specific objectives established for the English area. They enjoyed taking part and singing the songs of the play.
Rematamos a xornada de lecer camiñando por Compostela.