Os alumn@s de 6º de primaria participaron nos talleres que dende o CIM( Centro de información á Muller) leva realizando nos diferentes centros escolares.
Durante catro sesións, de dúas horas de duración, intentouse concienciar aos nos@s alumn@s da importancia de traballar en igualdade, de romper os esterotipos que nos marca a sociedade e sobre todo de valorar por igual o papel que desempeña a muller na nosa sociedade.
Actividades como visualización de pequenos vídeos co posterior debate,clasificar as actividades laborais que se desempeñan por diferentes sexos , elaboración de eslogans , debuxos …puxeron de manifesto as opinións dos nos@s alumn@s e aqueles aspectos nos que debemos mellorar ou seguir traballando para conseguir unha sociedade máis igualitaria erradicando a violencia.