Triduo da Virxe Milagrosa

Como ven sendo tradición, no Colexio celebrouse a semana pasada a festa da Virxe Milagrosa. Como centro das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl quixemos facer as correspondentes celebracións por etapas nas que rezamos e pedimos á  Virxe por todas as necesidades que temos e vemos ao noso redor. Tamén ofrecemos as nosas mostras de amor a María e  recibimos a  Medalla Milagrosa.

IMG-20181202-WA0005

Os actos comezaron o 27 de Novembro, coa festividade da Virxe Milagrosa. Os alumnos de Infantil e o primeiro ciclo de Primaria realizaron unha celebración, na que aos máis pequenos e aos alumnos novos se lles impuxo a Medalla Milagrosa.

IMG-20181202-WA0009

Ao día seguinte os alumnos do segundo e o terceiro ciclo celebraron xuntos o día de Catarina Labouré.

O día 29, os alumnos da ESO recordaron a fundación das Fillas da Caridade e o seu labor cos necesitados alí onde se atopan.

IMG-20181130-WA0006IMG_20181129_123954

A participación dos alumnos foi fantástica e esperamos que a Virxe nos conceda aquelo que lle pedimos con fe.