Co comezo do mes de xuño, e tras un longo período sen poder desfrutar deste tipo de actividades, damos por iniciada oficialmente a tempada de excursións.
Este mércores, día 1 de xuño, os alumnos de 5º e 6º realizamos unha visita ao CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galicia). Coa axuda das monitoras do Complexo Dunar, puidemos coñecer de primeira man os diferentes hábitats e a riqueza ecolóxica que este Parque Natural esconde.
A través da visita ao Museo, o visionado dun vídeo e unha ruta ao longo das pasarelas que se estenden polos diferentes hábitats, coñecemos un pouco máis sobre a fauna e flora predominante.
Aínda que a chuvia ameazaba con facer acto de presenza, puidemos desfrutar dunha mañá de convivencia cos compañeiros que dende había tempo, xa botábamos en falta.





